Hoxe día 7, diante dun restaurante angolano  de Lisboa ( porque un xaponés ficaba lonxe e tamén porque aquí ten máis xeito  un posto africano) vin un home que saltaba, caía e de repente do seu peito comezaba a saír lume; o corazón ardíalle.........levantouse e seguíu andando coma se nada. Se cadra coma aquel  "ó que se lle diagnosticou unha enfermidade que consistía en te-lo corazón no sitio equivocado" (Agustín Fernandez Mallo),algún falso noruego pode corrobora-lo. Lisboa arde, ten vida, vida doutros lugares concentrados nun mesmo punto.


                             





No hay comentarios:

Publicar un comentario